Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Estudo da exposición a radiación ultravioleta solar en buques pesqueiros

09-01-2023 - INSST

O risco por exposición á radiación ultravioleta procedente do sol, asociado a unha maior aparición de patoloxías, entre as que se atopan o melanoma e algúns carcinomas, é especialmente relevante nas persoas traballadoras no sector Pesqueiro. En consecuencia, o INSST, en liña co compromiso da Comisión Europea de estudar medidas sobre esta exposición (COM, 2021. 44 final) e coa Estratexia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo 2021-2027 (COM, 2021. 323 final), levou a cabo o presente estudo co obxecto de caracterizar a exposición global das persoas traballadoras do mar á radiación ultravioleta.

Para iso, leváronse a cabo medicións reais utilizando dosímetros persoais e de referencia, ademais de medicións radiométricas e espectrorradiométricas, en buques das modalidades de arrastre e artes menores en catro zonas do caladoiro estatal (Cantábrico – Noroeste, Mediterráneo, Golfo de Cádiz e Canarias). Ademais, a caracterización da exposición complétase cun estudo retrospectivo dos efectos da radiación solar nos profesionais do mar, analizando as bases de datos CEPROSS, PANOTRATSS e SANIMAR, e unha recompilación da información sobre os hábitos de fotoprotección das tripulacións que participaron no estudo.

Detectáronse altos niveis de exposición individual a radiación UV solar na poboación traballadora, triplicando os criterios de referencia recomendados, obtendo valores máis elevados nas modalidades de artes menores. As lesións dérmicas máis frecuentes na modalidade de arrastre son os carcinomas epiteliales, mentres que entre profesionais de artes menores (enmalle e marisqueo) é a queratosis actínica.

A prevención dos efectos adversos para a saúde da pel e os ollos nas persoas traballadoras no sector pesqueiro expostas aos raios solares UV debe basearse en diversas accións preventivas, que inclúen intervencións técnicas e organizativas, información e formación específica do persoal traballador, uso de equipos de protección individual e adecuada vixilancia da saúde dos profesionais expostos.

Ligazón ao Estudo da exposición a radiación ultravioleta solar en buques pesqueiros - Ano 2022

Ligazón á Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo e ao Consello. Plan Europeo de Loita contra o Cancro. COM/2021/44 final. DOUE 3/2/2021

Ligazón á Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións. Marco Estratéxico da UE en materia de Saúde e Seguridade no Traballo 2021-2027. A seguridade e a saúde no traballo nun mundo laboral en constante transformación. COM/2021/323 final. DOUE 28/6/2021

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS