Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Estudo Revisión xurisprudencial de doenzas e patoloxías de camareiras de piso

05-03-2024 - Instituto das Mulleres, aedtss

Os sesgos xudiciais invisiblizan as enfermidades profesionais das camareiras de piso. Este estudo presenta unha análise detallada, con perspectiva de xénero, dos distintos pronunciamentos xudiciais relativos ao tipo e cualificación das patoloxías e enfermidades padecidas polas camareiras de piso, para coñecer cales foron, e cales foron cualificadas como accidentes de traballo, na súa modalidade de enfermidades do traballo, conforme á normativa aplicable, así como que criterios se utilizaron para achar, en cada caso, a causalidade exclusiva coa actividade produtiva e, ao tempo, examinar cales foron os motivos polos que outras non foron merecedoras de tal consideración e foron consideradas como enfermidade común.

A pesares de que as camareiras de piso non son contempladas en ningunha das patoloxías contidas no RD 1299/2006, a investigación constata que este colectivo de traballadoras está sometido a unha gran carga física (movementos repetitivos, ademais da manipulación de cargas, a adopción de posturas de traballo forzadas e a bipedestación prolongada durante a realización de tarefas), ao que se engade a carga mental derivada da organización e ritmos acelerados do seu traballo e a carencia, en moitas ocasións, de medidas preventivas laborais adecuadas. A análise de case 150 sentenzas do Tribunal Supremo ou dos Tribunais Superiores de Xustiza das Comunidades Autónomas permitiron sinalar a “contradición interna” na abordaxe e consideración dunha mesma enfermidade ou patoloxía.

No que respecta a as recomendacións, e xunto á urxencia dunha maior e mellor prevención dos riscos laborais recollida no texto, Gloria Poyatos i Matas (maxistrada da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias) destacou a necesidade dunha “formación obrigatoria para quen imparte xustiza e teñen a posibilidade de crear a xurisprudencia, empezando polo Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional”, para construír, como sinala o estudo, un axuizamento con perspectiva de xénero que permita ao órgano xurisdicional identificar os rumbos do contexto normativo que impediu que doenzas, patoloxías, lesións e trastornos asociados ao traballo que si están tipificados e incluídos na lista de enfermidades profesionais en relación con profesións, oficios ou especialidades desenvolvidas habitualmente por homes, non teñan a mesma consideración ou se sometan a ese mesmo réxime cando se trata de traballos feminizados como é o que desempeñan as camareiras de pisos.

E, a partir desa constatación, revisar o concepto de enfermidade profesional e actualizar a listaxe das que compoñen o RD 1299/2006, incluíndo tamén a ocupación das camareiras de piso como colectivo susceptible de padecelas para evitar así a necesidade de judicialización do proceso de recoñecemento e facilitar que poidan ser tratadas como tal a efectos médicos e administrativos.

Ligazón ao estudo “Revisión xurisprudencial de doenzas e patoloxías de camareiras de piso”  Instituto das Mulleres, Aedtss.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS