Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Emprego de luvas médicas con po

23-06-2016 - Hixiene

A Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA) dos EE.UU. estuda prohibir o emprego da maioría das luvas médicas con po, pois o seu uso pode supoñer riscos para a saúde de pacientes e dos profesionais de atención sanitaria. A prohibición aplicaríase ás luvas con po de cirurxiáns, os que se empregan no exame de pacientes e o po absorbible que ten com fin lubricar as luvas de cirurxiáns.

Segundo indicou a FDA, o po que se engade ás luvas de látex elástico para que resulte máis fácil poñelas e quitalas, pode conter proteínas que provocan reaccións alérxicas que dan lugar a problemas respiratorios.

Os riscos derivados do emprego de luvas con po non poden eliminarse a través de etiquetas de advertencia novas ou actualizadas, de modo que a FDA optou por propoñer a súa prohibición, pois actualmente hai moitas luvas sen po dispoñibles no mercado.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS