Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Ducias de mortos nun derrubamento en Bangladesh

29-04-2013 - Seguridade

A pasada semana un edificio de oito plantas que acollía varios talleres téxtiles, un mercado e unha sucursal dun banco, viuse abaixo na poboación de Savar, a 24 kilómetros ao noroeste da capital de Bangladesh. Polo momento hai en torno a 400 mortos e un número indeterminado de desaparecidos. As empresas téxtiles que albergaba o edificio traballan, como contratistas ou subcontratistas, para varias marcas occidentais, entre as que poderían atoparse Primark, The Children's Shop e Mango entre outras. Entre os cascallos da edificación foi atopado un documento no que aparece o nome de El Corte Inglés e unha serie de pedidos de chaquetas.

O edificio Rana Praza violaba as normas de edificación de Bangladesh, o que é terriblemente habitual nese país. O dono do edificio, ordenara construír tres plantas máis sobre as cinco orixinais, o que puña en perigo a súa estabilidade, sobre todo tendo en conta que a zona na que ocurriu o derrubamento é unha zona de “terreno inestable” na que  estaba prohibido construir edificios altos. O día anterior ao sinistro, detectáronse fendas no edificio, a consecuencia das cales a policía ordeara ao propietario que pechase a edificación ata que se realizase unha inspección; as ordes foron desobedecidas e a práctica totalidade das empresas radicadas no edificio obrigaron aos seus traballadores a continuar coas súas quendas.

Bangladesh é o país do mundo con costes más baratos de producción na industria da roupa e por iso empresas de todo o mundo, incluído China, están trasladando parte da súa producción ao país asiático. Os traballadores reciben un salario mínimo equivalente a 37 dólares ao mes, moi inferior ao de industrias similares en China. É polo tanto unha fonte de man de obra barata perfecta para as grandes marcas. Ademais, algunhas empresas de Bangladesh subcontratan parte dos encargos a compañías menores que pagan menos que o salario mínimo. Bangladesh ten 150 millóns de habitantes. O emprego na industria textil, que se calcula que  acupa a uns tres millóns de traballadores/as, é a única esperanza dos miles de persoas que chegan ás cidades á procura de traballo.

 No ano 2011 os sindicatos de Bangladesh, asesorados por sindicatos estranxeiros, propuxeron o establecemento dun sistema nacional de inspeccións, fóra do control do Goberno, con poder para comprobar que todas as empresas do país cumpran as normas e para clausurar aquelas que non o fagan. Cada unha das multinacionais estranxeiras que operan no país financiaríao cunha achega económica duns 500.000 dólares anuais. O plan presentouse nunha reunión celebrada en Dacca á que asistiron varias compañías, como Wal-Mart, Gap e H&M. O plan foi rexeitado. Parecíalles demasiado custoso e temían asumir responsabilidades legais polas consecuencias dese control. Non son responsabilidades moi diferentes ás que afrontan nos seus propios países, pero precisamente buscan desprazar a súa produción a lugares como China ou Bangladesh coa intención de reducir os custos ao mínimo e esquecerse das condicións laborais dos/as traballadores/as.

Segundo datos facilitados pola Federación de Traballadores do sector Téxtil de Bangladesh, nos últimos 15 anos uns 600 traballadores/as do sector perderon a vida e en torno a 3000 resultaron feridos en accidentes ocorridos en fábricas textiles, incendios ou derrumbes, neste país asiático.

 

 

Fontes: praza.com, elpais.com, noticiasterra.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS