Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Descende significativamente o número de autónomos que cotiza voluntariamente por accidente laboral.

28-12-2015 - ACCIDENTE LABORAL

A data 31 de outubro do presente ano 2015, son só 600.646 traballadores autónomos que no conxunto do Estado cotizan voluntariamente para cubrir as súas prestacións por accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Este é o número máis baixo de cotizantes voluntarios dende que existe esta prestación. A finais de decembro de 2013 o número era de 637.269 e a finais de 2014 de 623.940. O descenso no acumulado do ano chega ao 3,8 %.

A escasa información sobre este dereito de cotización voluntaria induce a unha moi baixa utilización da prestación, de tal xeito que os/as traballadores/as autónomos só a están a   solicitar nos casos de imposibilidade absoluta de exercer o traballo.

Recentemente, o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo publicou os datos do Observatorio, nos que se demostra que só 10.362 autónomos pediron a prestación por accidente laboral, fronte a 355.572 asalariados. En todos os casos os accidentes dos autónomos clasificáronse como graves.

Por outra banda, a aprobación da separación de cotizacións entre a prestación por cesamento de actividade e a de accidente de traballo posiblemente faga baixar aínda máis este dato. Nese caso moitos autónomos poderían quedar tan só coa prestación de cesamento de actividade ao ser esta de menor contía.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS