Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

De novo sen acordo para a inclusión do amianto crisotilo no Anexo III do Convenio

10-07-2017 - Convenio de Rotterdam

Na oitava Conferencia das Partes no Convenio de Rotterdam, sobre o procedemento de consentimento fundamentado previo aplicable a certos praguicidas e produtos químicos perigosos obxecto de comercio internacional celebrada en maio de 2017 en Xenebra (Suíza), unha minoría dos asistentes bloquearon a introdución do crisotilo no Anexo III. Para a inclusión dunha sustancia é precisa a unanimidade entre as partes. Non se volverá a considerar a inclusión do crisotilo ata a próxima Conferencia dentro de dous anos.

Entre os países que contan con intereses comerciais en que se de continuidade ao emprego de asbesto e que bloquearon a inclusión atópanse India, Kazajstán, Kirguistán, Rusia, Siria e Zimbabwe; Rusia incluso abogou por la exclusión do crisotilo das sustancias químicas que estaban propostas para a inclusión.

O crisotilo cumpre todos os criterios científicos requiridos para a inclusión no Anexo III, e a maioría das partes no Convenio apoian esta inclusión. Unha representante da Organización Mundial da Saúde, manifestou na sesión plenaria que "Todas as formas de asbesto, incluído o crisotilo, son canceríxenas para o ser humano, e causan mesotelioma e cancro de pulmón, larinxe e ovarios. A evidencia de que o crisotilo é canceríxeno é concluínte e abafadora, e segue a reforzarse co tempo, constituíndo unha grave ameaza para a saúde pública".

As partes están a considerar unha proposta dun grupo de 12 nacións africanas para modificar o Artigo 22 do Convenio, de maneira que unha sustancia poida incluírse cunha maioría do 75 por cento das partes con dereito a voto.

Ligazón ao Convenio de Rotterdam

Ligazón ao Anexo III do Convenio de Rotterdam onde se atopa a relación de produtos químicos  que están suxeitos ao procedemento de CFP*, xunto cos correspondentes Documentos de Orientación para a Adopción de Decisións (DOAD), así como toda información adicional dispoñible. Están incluídos praguicidas e produtos químicos industriais que foron prohibidos ou severamente restrinxidos por razóns sanitarias ou ambientais, por dúas ou máis Partes, e que a Conferencia das Partes decidiu incluílos no procedemento PIC**. Hai un total de 47 produtos químicos enumerados no Anexo III, 33 praguicidas (incluíndo 3 formulacións de praguicidas extremadamente perigosas) e 14 produtos químicos industriais

*  Prodecemento de CFP - Consentimento Fundamentado Previo: mecanismo para obter e difundir oficialmente as decisións das Partes importadoras acerca de se desexan recibir no futuro as expedicións dos produtos químicos enumerados no Anexo III do Convenio e para garantir o cumprimento desas decisións polas Partes exportadoras. Para cada produto químico enumerado no Anexo III suxeito ao procedemento de CFP, prepárase un documento de orientación para a adopción de decisións e remítese a todas as Partes. A finalidade dese documento é axudar aos gobernos para avaliar os riscos asociados á manipulación e utilización do produto químico en cuestión e a adoptar decisións máis fundamentais sobre a súa importación e utilización no futuro, tendo en conta as condicións locais.

** Procedemento PIC: O principio fundamental do Convenio é que se poden exportar produtos químicos prohibidos ou rigorosamente restrinxidos incluídos no seu Anexo III só se se conta co consentimento fundamentado previo (PIC) da Parte importadora.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS