Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Crecen as hospitalizacións relacionadas coa exposición a amianto

28-06-2016 - Amianto

O amianto é un produto canceríxeno que foi empregado masivamente na industria e na construción; aínda que os seus efectos nocivos eran coñecidos dende os años 40, non se prohibiu o seu emprego na Unión Europea ata hai pouco (ano 2002 no Estado español). As fibras do mineral que se desprenden na manipulación poden chegar ata os pulmóns onde se incrustan provocando graves doenzas respiratorias; os síntomas da enfermidade poden manifestarse logo de 40 anos dende a exposición. Segundo o Departamento de Saúde catalán, os ingresos hospitalarios por asbestosis, fibrose pulmonar provocada polo amianto, disparáronse un 83% nos últimos 10 anos. Os pneumólogos consideran que o pico de diagnósticos será en torno ao 2020.

O amianto ten provocado centos de miles de vítimas, moitas non recoñecidas. A súa exposición provoca asbestose, cancro de pulmón e mesoteliomas (tumores de pleura). A localidade de Cerdanyola do Vallès, onde se situaba unha das fábricas máis grandes de amianto propiedade de Uralita S.A, é, segundo os pneumólogos, a cidade española con maior prevalencia de mesotelioma. O conselleiro de Saúde do Goberno catalán indicou que os pacientes con asbestosis ingresados nos hospitais do Servizo Catalán da Saúde duplicáronse desde 2006. Os pneumólogos indican que os casos de  asbestose vai á baixa e que se espera un repunte dos mesoteliomas. "A asbestosis require unha inhalación importante de amianto, polo que adoitan ser persoas que traballaron nestas empresas. Con todo, para desenvolver o mesotelioma non son necesarias grandes doses, aínda que tarde moito en aparecer", explican.

O número de vítimas non pode ser calculado con precisión, xa que ademais dos traballadores/as directos das empresas que manipulaban o amianto, hai que ter en conta a familiares de traballadores/as que inhalaron as fibras que viñan na roupa de traballo ou a veciñanza nun radio duns dous quilómetros das fábricas.

Segundo a Unión Europea dende aquí ata o 2030, medio millón de persoas morrerán de cancro en Europa pola exposición ao amianto.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS