Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Conducir de forma segura no traballo con VeSafe

15-12-2022 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Con esta guía electrónica interactiva proporciónanse moitas boas prácticas, así como unha descrición xeral das normas e información relevantes en tres aspectos clave dos riscos dos vehículos: condución segura para o traballo, seguridade no transporte no lugar de traballo e traballo nunha estrada ou preto dela.

Os riscos dos vehículos relacionados co traballo representan o 29 % de todos os accidentes laborais mortais. Con todo, as boas prácticas para evitar e reducir estes riscos xa se implementaron dentro dos Estados membros da UE. Compartilos pode axudar aos empregadores/as e traballadores/as a mellorar a seguridade relacionada cos vehículos.

Froito da colaboración entre a EU-OSHA e a Comisión Europea, a guía inclúe moitos exemplos de boas prácticas, categorizadas por vehículo e por risco, e un resumo da normativa relevante.

Na Unión Europea, os accidentes de tráfico laborais son a causa de entre aproximadamente unha cuarta parte e máis dun terzo de todas as mortes relacionadas co traballo. A guía actualizouse recentemente para ofrecer unha mellor experiencia de usuario.

Ligazón á Guía VeSafe para máis información sobre exemplos de boas prácticas.

Ligazón a máis información sobre os accidentes e as lesións dos condutores/as e sobre como xestionar estes riscos. (En inglés)

Ligazón á campaña de concienciación Road to fair transport («O camiño cara a un transporte xusto») da Autoridade Laboral Europea (ALE)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS