Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Condena a Navantia pola exposición de traballadores a amianto

27-04-2012 - Amianto

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía condenou a Navantia a indemnizar con 150.000 euros a un traballador polos danos e prexuízos que lle ocasionou estar en contacto con fibras de amianto durante a súa vida laboral, segundo informou o avogado Ramón Dávila. A sentenza, segundo o letrado, revoga a que foi ditada anteriormente polo Xulgado do Social número 3 de Cádiz ao estimar o recurso que contra a mesma impuxo o avogado do traballador e prodúcese un ano despois de que outro xulgado gaditano condenase a Navantia a indemnizar con 100.000 euros á viúva dun traballador que tamén estivo exposto ao material tóxico.

A nova sentenza do TSXA lembra que a asociación entre a exposición ao material e o desenvolvemento de mesotelioma está «documentada cientificamente desde os anos 30 do século XX», foi expresamente recoñecida pola OMS en 1973. Aínda así, sempre segundo o avogado, a sentenza explica que Estaleiros Españois carecían «dun protocolo de seguimento» aos traballadores que estiveron expostos. Trátase da segunda en menos dun mes. A anterior deuse a coñecer fai un par de semanas cando o Supremo condenou á compañía pública a pagar 177.300 euros á viúva e o tres fillos dun antigo traballador que faleceu en 2008 a causa do amianto.
O operario de Navantia, que ten unha situación de invalidez permanente absoluta, foi diagnosticado en 2009 de mesotelioma pleural e quedou acreditado que desenvolveu a enfermidade a consecuencia do seu traballo.
A sentenza indica que non consta que Navantia adoptase as medidas de seguridade necesarias como eran a realización de medicións de concentración de amianto no ambiente e tampouco proporcionou á traballador «roupa adecuada, recoñecementos médicos específicos e que os equipos de protección individual limitábanse ao uso dunha máscara de papel», explica o avogado. Por iso o TSJA conclúe que a empresa debe responder os danos e prexuízos que padece o traballador.

Fonte: lavozdigital.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS