Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Causas dos accidentes marítimos moi graves na pesca 2014-2021

15-12-2023 - INSST

Neste informe do INSST analizáronse os accidentes investigados pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos entre 2014 e 2021 e estruturouse en tres partes: análise global, análise por tipoloxía do accidente (accidentes operacionales, abordaxes, colisións, incendios, inundacións, afundimentos, varadas e vuelcos) e análises segundo a modalidade pesqueira (artes menores, arrastre, cerco e palangre). Dada a importancia da sinistralidade neste sector, é esencial profundar no coñecemento das causas destes accidentes para poder establecer os medios máis adecuados para diminuír estas cifras.

Neste informe analizáronse os accidentes investigados pola CIAIM entre 2014 e 2021 e estruturouse en tres partes: análise global, análise por tipoloxía do accidente (accidentes operacionales, abordaxes, colisións, incendios, inundacións, afundimentos, varadas e vuelcos) e análises segundo a modalidade pesqueira (artes menores, arrastre, cerco e palangre).

As áreas costeiras estatais ocupan o 8,6 % da superficie total. Isto converte á pesca nun sector económico de gran importancia e un importante xerador de emprego. De feito, a frota pesqueira española é a 3º máis importante na UE en número de barcos de pesca e unha das maiores a nivel mundial. Más de 30.000 persoas traballan no sector, tratándose do primeiro país da UE en número de traballadores dedicados á pesca e á transformación e o segundo en acuicultura (só por detrás de Francia).

Desgraciadamente os índices de sinistralidade no sector son moi elevados, especialmente o índice de incidencia de accidentes mortais, dez veces superior á media do total de actividades na última década. Dada a importancia da sinistralidade, como mostra o documento Caracterización da sinistralidade na actividade pesqueira, publicado en 2022, é esencial profundar no coñecemento das causas destes accidentes para poder establecer os medios máis adecuados para diminuír estas cifras.

Con este espírito publicouse en 2014 o informe Causas dos accidentes marítimos moi graves na pesca 2008-2013, base do presente documento. Estes documentos realízanse tras a análise dos informes das investigacións de accidentes marítimos moi graves levados a cabo pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM), tratando de asignar as causas dos mesmos tomando como base a NTP 924 Causas de accidentes: clasificación e codificación.

Neste informe analizáronse os accidentes investigados pola CIAIM entre 2014 e 2021 e estruturouse en tres partes: análise global, análise por tipoloxía do accidente (accidentes operacionales, abordaxes, colisións, incendios, inundacións, afundimentos, varadas e vuelcos) e análises segundo a modalidade pesqueira (artes menores, arrastre, cerco e palangre).

Para finalizar, inclúese unha compilación das principais recomendacións de seguridade efectuadas nos informes de investigación, así como as oportunidades de mellora detectadas.

Ligazón ao informe Causas dos accidentes marítimos moi graves na pesca 2014-2021

 

Ligazón ao documento Causas dos accidentes marítimos moi graves na pesca 2008-2013

 Ligazón á NTP 924 Causas de accidentes: clasificación e codificación


Ligazón á

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS