Campaña Enfermidades Profesionais Mariscadoras03-06-2024 - ISSGAEsta campaña do ISSGA, en colaboración con ANMUPESCA, ten como obxectivo sensibilizar e difundir a necesidade dunha mellor identificación das enfermidades profesionais recoñecidas legalmente ás mariscadoras, por ser unha das principais preocupacións deste colectivo. |
|---|
O eixo principal desta iniciativa é sensibilizar e difundir a necesidade de estabelecer un mellor coñecemento sobre a Enfermidade Profesional, as súas causas laborais e sobre a súa codificación. E tamén, reforzar a obriga de comunicar toda sospeita de Enfermidade Profesional polo canal estabelecido, para en definitiva, poder confirmar a orixe laboral da enfermidade dende o primeiro momento da atención sanitaria, para que non continúen sendo tramitadas na maioría dos casos como enfermidade común.
Por eso considérase fundamental a formación e información tanto do persoal facultativo como da traballadora para darlle seguridade a este colectivo profesional sobre os dereitos legalmente recoñecidos no ámbito da Enfermidade Profesional tratando de mellorar a súa saúde laboral.
Axudar a un colectivo altamente feminizado con gran número de traballadoras por conta propia, cunhas peculiaridades no desenvolvemento do seu traballo que as fan merecedoras dun especial acompañamento do ISSGA para o recoñecemento dun dereito no ámbito da saúde laboral.
Ligazón ao documento Enfermidades profesionais mariscadoras