Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Buzoneador, profesión de risco

04-05-2012 - Psicosocial

Os empregados de varias empresas de servizos de mercadotecnia de Bilbao denunciaron as "constantes agresións, tanto verbais como físicas", ás que se enfrontan diariamente no discorrer do seu labor. O motivo, segundo eles, atópase nas presións que reciben por parte das empresas de repartición publicitaria que lles obrigan" a introducir os folletos nas caixas de correos de todos os portais facendo caso omiso ás indicacións de moitas comunidades de veciños de non recibir publicidade. É entón cando xorden os enfrontamentos entre os veciños, que exercen o seu dereito a non recibir publicidade, e dos traballadores, que, segundo afirman, cumpren coas indicacións dos seus superiores.

A situación laboral destes traballadores tense enquistado até tal punto que algúns foron, presuntamente, vítimas de "insultos, agresións e humillacións" en reiteradas ocasións; unha situación que provocou o malestrar dalgúns traballadores e mesmo chegou a xerar unha crise de ansiedade e unha baixa por depresión. "Levo 14 anos neste traballo e atopeime de todo. Hai xente moi simpática, pero hai outros... Os veciños coñécenche e moitos esperante para insultarte cando te ven chegar. Chamáronme de todo, o máis suave: parva e analfabeta por non entender os carteis que especifican que non se admite publicidade. É unha humillación constante, sufrímolo día a día e iso mingua a autoestima de calquera. Afúndete", explica unha traballadora.

Até tal punto chegou o conflito que, segundo narran, "a unha compañeira empuxárona polas escaleiras, a outro lle fracturaron o nariz cunha cachaba e outra foi retida polos veciños no portal ata que chegase a Ertzaintza".

Segundo os traballadores, cada vez son máis o clientes das empresas de mercadotecnia que solicitan depositar a publicidade nas caixas de correos a pesar do crecente rexeitamento por parte dos veciños. "O 90% dos portais contan cunha bandexa para a publicidade e, case sempre, está fóra do portal, pero se non deixamos a publicidade nas caixas de correos a empresa non nos deixa entregala", afirma outra das traballadoras afectadas. "Mesmo, mandaron aos coordinadores da empresa para seguirnos e comprobar que botamos a publicidade nas caixas de correos. E cando estamos nos portais enfrontámonos ás rifas, aos insultos ou aos empuxóns dos veciños. É unha presión constante". "Iso créache un nivel de tensión tremenda e, encima, non podes rebater aos veciños porque sabemos que teñen razón"

Fonte: deia.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS