Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Boletín CIG-Saúde Laboral N 47

13-12-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

O Boletín CIG-Saúde Laboral N 47 Monográfico Sector Sanitario e Social céntrase nos riscos psicosociais que afectan a este sector, moi feminizado, e na situación na que se atopa a sanidade pública galega. No ano 2020, o 58,5% das persoas traballadoras do sector sanitario e social declararon estar expostas a factores de rico que poden afectar negativamente ao seu benestar mental, ocupando o primeiro lugar entre todos os sectores. A alta carga de traballo, a presión de tempo, as esixencias emocionais, as demandas cognitivas, as situacións de violencia, acoso ou intimidación, as xornadas de traballo longas e irregulares e a falta de recursos organizativos configúranse como os principais factores de risco psicosocial das traballadoras e traballadores sanitarios e sociais.

Artigos

1. Riscos psicosociais no sector sanitario  e social.

   Riscos psicosociais

   Consecuencias dos riscos psicosociais

   Impacto da covid-19

   Impacto da dixitalización

   Xestión do risco psicosocial no sector sanitario e sociosanitario

   Impulsores e barreiras para a xestión do risco psicosocial

   Conclusións

2.  A situación límite da sanidade pública galega como consecuencia das políticas de destrucion e privatización practicadas polos distintos gobernos do PP.

Ligazón ao Boletín CIG Saúde Laboral Nº 47. GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Documentos

Boletín CIG-Saúde Laboral Numero 47.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS