Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Aumenta a sinistralidade entre os condutores de camións, aínda que a cifra non supera o 4% do total de mortes.

16-02-2012 - SEGURIDADE

As claves para que estas estatísticas non se volvan a repetir baséanse en: Adestrar habilidades, coñecer os vehículos e protocolos de seguridade, e aprender a coñecer os límites propios e as circunstancias da estrada.

Recentemente cumprido o primeiro ano da posta en marcha da Normativa Europea CAP -Certificado de Aptitude Profesional-, que obriga aos condutores profesionais a que realicen períodos de formación práctica de 35 horas cada 5 anos, as cifras de accidentalidade de 2011 non son as máis alentadoras, con 47 condutores de camións falecidos como consecuencia de accidentes de tráfico nas estradas españolas.


Se se compara con 2010, ano no que perderon a vida 29 profesionais do Sector, podemos falar dun aumento do 62,07%. Ademais, segundo datos da DXT, os camións son case os únicos vehículos de transporte nos que en lugar de diminuír aumentaron as vítimas na estrada seguidos moi de lonxe polos autobuses, cunha porcentaxe do total de mortes do 0,15% (tres falecidos). Agora, hai que considerar que as vítimas mortais de tráfico que viaxaban en camións supoñen o 3,18% do total de sinistros mortais durante 2011, mentres que os falecidos en turismos supoñen o 55,71% do total.


Escasa formación práctica


Manuel Santos, director da empresa de formación MSantos Esfor, cre que aínda que é moi complicado determinar que fallou, "xa que habería que analizar cada accidente", en liñas xerais, "tanto no inicio como nos cursos de reciclaxe hai moi pouca formación práctica para os condutores profesionais; máis ben nula".

 

 

Fonte de Datos: nexotrans.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS