Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

As mulleres en actividades de coidado de persoas maiores. Exposición a factores psicosociais en establecementos residenciais e servizo de axuda a domicilio

11-11-2020 - INSST

Este documento técnico presenta o estudo realizado sobre a exposición a factores psicosociais das mulleres que se dedican ao coidado de persoas maiores. En primeiro lugar, recóllense as principais conclusións obtidas a partir da revisión documental realizada na fase inicial do estudo, e posteriormente compleméntase coa información obtida nunha segunda fase de entrevistas a traballadoras do sector.

O coidado de persoas maiores é un sector de actividade en constante crecemento xa que, como consecuencia do progresivo envellecemento da poboación, cada vez máis persoas demandarán asistencia e coidados. Son traballos realizados tanto en centros residenciais como nos propios domicilios das persoas usuarias.

O sector está ocupado maioritariamente por mulleres. Trátase de traballos altamente esixentes, tanto física como psicoloxicamente.

Este documento técnico presenta o estudo realizado sobre a exposición a factores psicosociais das mulleres que se dedican ao coidado de persoas maiores. En primeiro lugar, recóllense as principais conclusións obtidas a partir da revisión documental realizada na fase inicial do estudo, e posteriormente compleméntase coa información obtida nunha segunda fase de entrevistas a traballadoras do sector.

Incluíronse algunhas reflexións sobre as condicións de traballo e os principais riscos psicosociais aos que están expostas as coidadoras no desempeño da súa actividade laboral.

O obxectivo do documento é ofrecer recomendacións sobre posibles medidas preventivas que contribúan a controlar os principais riscos psicosociais no sector.

Ligazón ao documento “As mulleres en actividades de coidado de persoas maiores. Exposición a factores psicosociais en establecementos residenciais e servizo de axuda a domicilio”.

Ligazón ao díptico "Coidadora, cóidanche?"

Este díptico pretende facilitar o coñecemento sobre os riscos psicosociais destas tarefas a traballadoras, técnicas/os de prevención e empresarias/os proporcionando, de forma  esquemática, información sobre os aspectos que deben terse en conta á hora de abordalos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS