Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Análise dos accidentes de traballo leves no sector pesqueiro

31-01-2024 - INSST

O obxectivo do estudo é caracterizar os accidentes leves que se producen no sector pesqueiro, obtendo información de interese en materia preventiva tal como: distribución por arte de pesca e tipo de embarcación, xestión preventiva a bordo e, especialmente, sobre as formas de producirse e as súas principais causas. O fin último deste traballo é ampliar o coñecemento preventivo do traballo na pesca e a acuicultura, o cal permitirá deseñar e implementar medidas encamiñadas a mellorar as condicións de seguridade e saúde no sector e a reducir a súa elevada sinistralidade.

Como obxectivos adicionais, establecéronse:

• Elaborar unha metodoloxía para o estudo dos accidentes leves no sector pesqueiro, en colaboración coas CCAA.

• Validar dita metodoloxía mediante o traballo de campo.

• Detectar casos de accidentes incorrectamente cualificados como leves ou con potencial lesivo grave.

• Detectar necesidades ou liñas de traballo futuras para o Grupo de Traballo do Sector Marítimo Pesqueiro da CNSST.

Ligazón ao documento Análise dos accidentes de traballo leves no sector pesqueiro. INSST 2023

 

Documentos

Análisis de los accidentes de trabajo leves en el sector pesquero 2023.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS