Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Agricultura e silvicultura: o impacto da tecnoloxía dixital na saúde e a seguridade no traballo

26-01-2022 - EU-OSHA

A agricultura e a silvicultura atópanse entre os sectores laborais máis perigosos de Europa, cun alto nivel de accidentes nos que interveñen vehículos, maquinaria e manipulación de gando. A exposición a praguicidas químicos, vibracións, ruído e estrés tamén entraña riscos para a seguridade e a saúde.

As solucións non son sinxelas. As novas tecnoloxías e a dixitalización das prácticas de traballo traerán algunhas melloras polo que respecta á SST, pero tamén poden introducir novos riscos. Para abordar con éxito os desafíos en materia de SST, o resumo recomenda adaptar a avaliación de riscos ás cambiantes circunstancias dos agricultores e silvicultores derivadas, por exemplo, dos efectos do cambio climático ou as tendencias do mercado laboral, e emendar o escaso nivel de notificación de problemas relacionados coa SST no sector.

Ligazón ao documento “Agricultura e silvicultura: sectores con serios desafíos en materia de seguridade e saúde no traballo”

As persoas traballadoras do sector de agricultura e silvicultura están expostas a moitos riscos laborais relacionados coa seguridade e a saúde no traballo. Como se establece neste documento a tecnoloxía dixital ten potencial para reducir estes riscos, pero, ata o momento, a súa adopción no sector foi lenta e, ademais, entraña os seus propios riscos.

Por exemplo, as cosechadoras robóticas e os dispositivos escardadores poderían axudar a previr trastornos musculoesqueléticos, pero a utilización de novas máquinas precisa da formación adecuada e dunha avaliación dos riscos. Os cobots e os dronspoderían acurtar o tempo necesario para realizar as tarefas, pero tamén aumentar o traballo monótono e en solitario.

No informe conclúese que os efectos positivos das novas tecnoloxías na seguridade e a saúde no traballo serán limitados se non van acompañados do desenvolvemento dunha cultura de prevención no sector.

Ligazón ao documento : “Cobots, robots e drons: efectos da tecnoloxía dixital na seguridade e a saúde dos traballadores da agricultura e a silvicultura”

Os efectos do cambio climático terán un impacto significativo na agricultura e a silvicultura. Este informe normativo analiza como estes cambios afectarán á saúde e a seguridade no traballo no sector.

Adaptar as prácticas laborais co fin de ter en conta os efectos do cambio climático require a avaliación de riscos novos e emerxentes, como o aumento da exposición á calor, a enfermidades e pragas e ao po. O informe examina tamén como estes cambios influirán nos riscos psicosociais para os agricultores e os silvicultores, tendo en conta de que a incerteza en relación co impacto do cambio climático sobre a produción — e a presión por cumprir os requisitos da UE para mitigar o cambio climático e adaptarse aos seus impactos —provocarán probablemente un considerable estrés.

Ligazón ao documento “Agricultura e silvicultura: como o cambio climático está a crear riscos novos e emerxentes en materia de SST”

 

Máis información no informe da EU-OSHA sobre o futuro da agricultura e a silvicultura e a SST

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS