Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A silicose repunta entre os traballadores do mármore e a madeira

30-05-2012 - SAÚDE LABORAL

A silicose, que tradicionalmente e por desgracia, veu sendo a enfermidade mineira por excelencia, estendeuse nos últimos anos a outros sectores, que ven como os seus traballadores sofren as secuelas desta dura enfermidade.

 

Tras un estudo, elaborado por CCOO, o sindicato denunciou que o 15% dos empregados andaluces, da industria do mármore e da madeira, contraeron esta enfermidade tras anos de exposición ao po de sílice, constatándose casos en traballadores con exposicións inferiores a cinco anos.

 



A causa deste «rebrote» estaría na falta de medidas de seguridade.

 


Un dato é suficiente para constatar esta afirmación: segundo a enquisa realizada entre os traballadores do sector, o 64% da empresas carecerían de plans de seguridade, porcentaxe que se eleva ao 84% na actividade de manipulación do cuarzo.

 



Lex Nova

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS