Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A síndrome do túnel carpiano en persoal de limpeza é declarada Enfermidade Profesional

11-02-2015 - SENTENZA/XURISPRUDENCIA

Unha traballadora de profesión limpadora, presentou un recurso de casación para unificación de doutrina ante o Tribunal Supremo, que versaba sobre a cualificación como enfermidade profesional da síndrome de túnel carpiano bilateral.

O recurso preséntase tras un longo proceso de reclamacións ante a Mutua e o INSS, reclamacións nas que se intenta que recoñeza a orixe profesional do transtorno musculoesquelético que sofre a traballadora. Como práctica habitual mutuas e INSS denegan a orixe profesional das lesións musculoesqueléticas, a pesar de que na maioría dos casos resulta evidente a relación existente entre as actividades que se realizan no posto de traballo e os efectos que sofren os traballadores/ás.

O RD 1299/2006 considera como Enfermedad Profesional causada por axente físico, a Síndrome do túnel carpiano por comprensión do nervio mediano no pulso, en "Traballos nos que se produza un apoio prolongado e repetido de forma directa ou indirecta sobre as corredías anatómicas que provocan lesións nerviosas por compresión. Movementos extremos de hiperflexión e de hiperextensión. Traballos que requiran movementos repetidos ou mantidos de hiperextensión e hiperflexión do pulso, de aprehensión da man como lavandeiras, cortadores de tecidos e material plástico e similares, traballos de montaxe (electrónica, mecánica), industria téxtil, matadoiros (carniceiros, matachíns), hostalaría (camareiros, cociñeiros), soldadores, carpinteiros, pulidores, pintores".

Así pois a Sentenza indica que, malia que a profesión de Limpiadora non está expresamente incluída na enumeración de actividades capaces de producir esta enfermidade profesional, as tarefas e traballos que se desenvolven (manipulación de cargas, posturas adoptadas, movementos repetitivos,…) poden supoñer as lesións que a devandita enfermidade profesional asocia estas.

Esta sentenza que senta xurisprudencia, indica que non excluíndo, en modo ningún, que a Síndrome do túnel carpiano asociado ás tarefas que compoñen o feixe profesional dunha Limpadora poida levar consigo a cualificación de enfermidade profesional, como no seu caso, poderían ter encaixe outras profesións ou actividades, posto que o adverbio "como" indica, sen lugar a dúbidas, que se trata dunha lista aberta".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS