Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

A nova silicose

05-06-2012 - SAÚDE

A silicose é unha fibrose pulmonar causada pola inhalación de po que contén sílice libre ou dióxido de silicio (SiO2). As fontes de exposición laboral a sílice cristalina son moi numerosas. Recentemente publicáronse numerosos casos en sectores industriais ata a data descoñecidos, como son os manipuladores de aglomerados artificiais de cuarzo.

É unha enfermidade irreversible e non ten tratamento eficaz ningún. Descríbense formas crónicas, aceleradas e agudas de silicose.

Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Silicose nos últimos anos producíronse un notable incremento no número de casos novos declarados de silicose. No ano 2010 declaráronse 220 novos casos.

A única medida de prevención desta enfermidade é o control do po respirable e o diagnóstico precoz mediante a aplicación correcta do Protocolo específico de Vixilancia da Saúde aprobado pola Comisión Nacional de Saúde Pública en 2005.

Existen suficientes datos epidemiolóxicos para que a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC) inclúa o sílice como un posible canceríxeno pulmonar.

 


Antonio Ares Camerino
Xestión Práctica de Riscos Laborais, N. º 94, Maio 2012, Editorial WOLTERS KLUWER ESPAÑA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS