Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A mala coordinación cos especialistas hospitalarios favorece o desgaste entre os profesionais de Atención Primaria

12-11-2012 - PSICOSOCIAL

A inadecuada coordinación entre os médicos de familia e os especialistas hospitalarios favorece a aparición da síndrome de Burnout, ou síndrome de desgaste profesional, nos primeiros, segundo se explica nun artigo que publicou a Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (Semfyc) na súa revista 'Atención Primaria'.

En concreto, e a través dunha enquisa, os expertos desta sociedade científica descubriron que "o 80 por cento dos facultativos de familia considera que a súa relación co nivel hospitalario non é a idónea". De feito, evidenciouse que "un 23,8 por cento cre que sucede algo similar respecto ao persoal de enfermaría".

Ademais, o 20 por cento dos médicos de cabeceira "sofre un desgaste profesional máximo", considerándose neste estado "dificilmente recuperable para un axeitado exercicio profesional", lamentan.

Engadido a iso, os especialistas expoñen que os casos de enfermos seguen crecendo ano a ano, e é que, "un de cada 113 médicos de familia se suma anualmente aos xa diagnosticados".

Ante estas consideracións, dende Semfyc apostan "polo emprego estable e de calidade", xa que este "axuda a mitigar o desgaste profesional". E é que, é necesario buscar unha solución "para que non repercuta no traballo en equipo e na calidade da atención prestada", razoan.

A síndrome de Burnout produce unha grave repercusión e deterioración "non só a nivel laboral, senón tamén a escala sociofamiliar e persoal", indican.

Un dos factores que incrementa a súa aparición é a presión asistencial, o que tamén xera "cansazo emocional", explican os especialistas.
Non obstante, existen outros como "a maior frecuentación de consultas en Atención Primaria ou o escaso tempo dispoñible para cada paciente", manifestan.

Este é a orixe de que se incrementase "o esforzo, a tensión e a sobrecarga diaria que o médico debe afrontar," afirman.

Se o estrés é continuado para a persoa que o padece "pode afectar á saúde física e mental", sosteñen os representantes de Semfyc. Antes diso, xérase un esgotamento físico e psíquico que "imposibilita exercer axeitadamente o traballo", e unha despersonalización en forma de conduta de afastamento, sinalan.

 

Fonte: preventionworld.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS