Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A falta de coordinación de actividades empresariais entre os factores de sinestralidade en traballos de mantemento

21-11-2012 - SEGURIDADE

As cifras de sinestralidade asociadas aos traballos de mantemento, en España, representan o 6,6%de todos os accidentes de traballo con baixa acontecidos, e o 6,5% dos accidentes mortais, segundo os datos que achegou Victoria da Orde, coordinadora do Observatorio Estatal de Condicións de Traballo, nunha das actividades que organizou o INSHT dentro da campaña da Semana Europea para a Seguridade e Saúde no traballo 2011.

Cos datos recollidos da análise exhaustiva de partes accidente de traballo definiuse o "perfil do traballador accidentado" coas seguintes características:

1. Os accidentes de traballo acontecidos en actividades de mantemento atenden a un perfil de traballadores de sexo masculino, nunha franxa de idade entre 55 e 60 anos, de nacionalidade española e con contrato indefinido. Estes traballadores son maioritariamente traballadores cualificados das industrias extractivas, da metalurxia, a construción de maquinaria e asimilados, así como operadores de instalacións industriais, de maquinaria fixa, montadores e ensambladores.

2. A porcentaxe de accidentes que sufriron no seu conxunto traballadores cualificados do metal e da construción de maquinaria foi do 40%, sendo os mecánicos-axustadores de maquinaria os traballadores máis afectados. En canto a operarios de instalacións, a porcentaxe de sinestralidade foi do 30%, sendo os montadores e ensambladores os máis afectados.

3. Estes traballadores accidéntanse, durante as actividades que acontecen noutro centro de traballo en maior medida que o resto de traballadores, empregando ferramentas manuais sen motor e como consecuencia de perda do control de máquinas e ferramentas. A forma do accidente atende a esmagamentos, golpes e choques. O dano acontecido, maioritariamente, por queimaduras e feridas abertas.

Tras a análise dos accidentes mortais investigados polos Órganos Técnicos das C.C.A.A, obtense unha información máis detallada das causas dos accidentes mortais atribuídos aos traballos de mantemento.

Desta forma, as cifras maiores en canto a mortalidade producíronse en tarefas con risco de contacto eléctrico e en traballos relacionados con substancias perigosas.

Por outra parte, os datos permiten relacionar estes accidentes co manexo de ferramentas manuais e operacións con máquinas, asociados a problemas eléctricos e axentes materiais, así como co contacto eléctrico, lume e choques.

As causas están relacionadas, na súa maior parte, con deficiencias na organización do traballo, protección, sinalización e xestión da prevención; en concreto, estes accidentes débense á falta de métodos de traballo axeitados, así como a unha deficiente ou nula información e formación, a riscos non identificados e a falta de coordinación de actividades empresariais.

 

Fonte: www.coordinaciónempresarial.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS