Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A exposición a axentes biolóxicos de transmisión sanguínea é un dos principais riscos laborais do ámbito sanitario

21-06-2012 - RISCO BIOLÓXICO

Cubrir unha lagoa na prevención dos accidentes de traballo por picada -causa máis importante de accidente de traballo dos profesionais sanitarios- é o obxectivo principal da «Guía de Actuación ante Exposición Ocupacional a Axentes Biolóxicos de Transmisión Sanguínea», presentada nunha xornada específica para abordar esta cuestión celebrada na Escola Nacional de Medicina do Traballo.

A guía redactada por un grupo de expertos da Asociación Nacional de Medicina do Traballo de Ambito Sanitario (ANMTAS), foi editada dentro do programa editorial de Guías de boas prácticas da Escola Nacional de Medicina do Traballo.


A xornada foi inaugurada por Ascensión Bernal, Subdirectora Xeral de Servizos Aplicados, Formación e Investigación do Instituto de Saúde Carlos III. No acto estivo acompañada por Neves Sagües, Presidenta da Asociación Nacional de Medicina do Traballo de Ambito Sanitario (ANMTAS) e por Xerónimo Maqueda, Director da Escola Nacional de Medicina do Traballo.


O Sector Sanitario, pola súa actividade e relevancia social, constitúe un sector de atención preferente para os sistemas de prevención de riscos laborais. Os accidentes graves de traballo acontecidos no medio sanitario representan o 11,6% do total de accidentes graves do Sector Servizos, segundo fontes do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, procedente do Sistema Delta.


No ano 2010 rexistráronse un total de 249 sinistros laborais no medio sanitario, o que o sitúa como a terceira rama de actividade de maior sinestralidade laboral dentro do Sector Servizos.

 

Axentes Biolóxicos


Do total destes accidentes, diferentes estudos especializados apuntan que o 40% están relacionados coa exposición a axentes biolóxicos.


No que se refire a enfermidades profesionais, excluíndo os trastornos músculo-esqueléticos, as enfermidades causadas por axentes biolóxicos acontecidas no transcurso do coidado de enfermos, con 229 casos declarados no último ano, constitúen a segunda enfermidade profesional máis importante en España, por detrás das dermatoses profesionais, 301 casos declarados nese mesmo ano.


A estes números hai que engadir os diferentes impactos que os devanditos accidentes teñen: económico, polas baixas e o custo dos tratamentos; persoal e laboral sobre o individuo que os sofre e, por último, repercuten na propia seguridade do paciente.


Por todo iso, a Guía pretende ser un documento de consenso que permita abordar a prevención e minimizar os efectos prexudiciais deste tipo de accidente incidindo nos aspectos prácticos da vida profesional dos profesionais sanitarios, poñendo especial enfasis en que a incorporación dos dispositivos de seguridade biolóxica á práctica clínica, deben de ir acompañados de medidas de mellora dos procedementos de intervención sanitaria sobre o paciente.


A Guía contou coa colaboración de 11 autores pertencentes aos seguintes servizos de saúde: SESCAM, SERMAS, ICs, SERGAS, SAS e OSAKIDETZA, xunto con profesionais da Escola Superior de Tecnoloxía e Saúde de Porto (Portugal), todos eles coordinados por Sebastián Sánchez Serrano, Coordinador Rexional do Servizo de Prevención de Riscos Laborais do SESCAM.


Esta guía encóntrase dispoñible on-line en:
http://www.isciii.es/
http://anmtas.com/


Fonte: instituto de saúde Carlos III

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS