Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A enfermería, estresada e queimada

23-10-2012 - PSICOSOCIAL

Coñeciamos hai uns días o estudo Percepción de estrés nos profesionais de Enfermaría en España, que analizou como a actual situación de recortes e precariedade laboral está a repercutir na saúde dos profesionais de enfermaría e na atención que se presta aos cidadáns.

Os seus resultados non deixan lugar a dúbidas. Oito de cada dez enfermeiros séntese estresado e seis de cada dez di padecer a síndrome de burnout ou do profesional queimado.

Tamén máis da metade cre que a atención aos pacientes empeorou, e é que oito de cada dez considera que non hai persoal suficiente.

A mesma proporción entende que non dispón do tempo necesario na súa xornada laboral para atender aos pacientes como desexaría.

Cifras alarmantes que reflicten, sen lugar a dúbidas, a deterioración progresiva que está a sufrir o noso sistema sanitario.

Estase a producir o cruel paradoxo de que as persoas que deben velar pola nosa saúde están a ver como a súa propia empeora por momentos a causa do seu traballo.

Ou o que é o mesmo, traballar para que os cidadáns non enfermen, enferma aos profesionais.

O estudo supón unha proba máis de que as decisións que están a adoptar as diferentes Administracións públicas, a golpe de decreto e sen negociación ningunha, están a supoñer un grave prexuízo para todos.

Por un lado, para os profesionais que fixeron posibles que a sanidade española fose ata hai pouco un verdadeiro motivo de orgullo por ofrecer unha atención de calidade, universal e gratuíta, e, por outro, para os cidadáns que recorren a ela.

 

Fonte de Datos: elpais.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS