Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

A carga de traballo asociada ao traballo de xuíz

17-11-2014 - Saúde laboral

A asociación de Xuíces para a Democracia demandou ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao ministerio de Xustiza ante a Sala do Social da Audiencia Nacional pola falta de prevención dos riscos laborais aos que están expostos os xuíces, especialmente pola sobrecarga de traballo que soportan. A demanda de conflito sinala que os xuíces e maxistrados son practicamente o único colectivo de empregados públicos que se atopa "na máis absoluta desprotección" xa que o Ministerio de Xustiza e o CXPX incumpriron a súa obrigación e compromiso de adoptar medidas de protección adecuadas e a día de hoxe aínda non contan cunha avaliación de riscos e de planificación da actividade preventiva.

En 2010, o CXPX e o Ministerio subscribiron o "Convenio para a Creación e Seguimento dun Sistema de prevención de Riscos Laborais e de Vixilancia da Saúde dos Membros da Carreira Xudicial". Desde entón, a Comisión de seguimento deste convenio non se reuniu nin unha soa vez.

Aínda que en 2011 o CXPX aprobou un regulamento onde se recoñecía o dereito de xuíces e maxistrados á saúde no exercicio das súas funcións e emprazábase a se mesmo a realizar actuacións para preservalos, actualmente aínda carece das ferramentas ou medios para levar a cabo ningún tipo de accións neste sentido, denuncia JpD.

Outros intentos de protección do colectivo, como a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde da Carreira Xudicial, non lograron avances a pesar de ter inisitido reiteradamente na necesidade de crear un plan de prevención de riscos laborais.

Esta falta de protección é especialmente preocupante se se ten en conta que segundo o informe do CXPX "Órganos que exceden o 150 % da carga de Traballo. Datos a 31/12/2013", o 43,53% dos Órganos Xudiciais superan o 150 % da carga máxima que deberían soportar. Neste sentido, JpD denuncian que non se ha implementado ningunha prevención "pese ao tempo transcorrido e ás graves circunstancias que concorren na actividade laboral de Xuíces e maxistrados en especial a raíz do forte incremento da súa actividade tras a crise económica e tamén en atención aos continuos cambios en boa parte das Leis Procesuais que han ir incrementando esa carga de traballo fácticamente, expóndolles a un evidente risco".

Dada a situación, na demanda solicítase que se declare que o CXPX e o ministerio incumpriron a súa obrigación de avaliar os riscos e elaborar un plan de protección de riscos laborais de xuíces e maxistrados; que se lles condene a realizar a avaliación e o plan e que se lles inste a adoptar inmediatamente medidas para que os xuíces e maxistrados non soporten cargas de traballo que superen  os módulos de produtividade que estableceu no seu día o CXPX.

Fonte: diariojuridico.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS