Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A agresión a sanitarios e docentes poderá ser penada con ata catro anos de cárcere.

23-04-2015 - Psicosocial

O Congreso dos Deputados aprobou unha enmenda ao artigo 550 do Código Penal: a agresión en tempo de traballo a profesionais sanitarios (médicos/as, enfermeiros/as, fisioterapeutas, técnicos, etc.) ou docentes será tipificado como atentado á autoridade, o que conleva penas de ata atro anos de cárcere.

As agresións, só en médicos/as, suman máis de 2000 nos últimos cinco anos no Estado español, chegando a ser agresións físicas en oito de cade 10 casos.  Ata o de agora, no xulgado estas agresións podían considerarse como faltas ou delitos; a partires de agora a situación se homoxeneiza,  pasando a ter a consideración de delito de atentado contra a autoridade.

Os datos sobre agresións a perosal sanitario son recollidos polo Observatorio Nacional de Agresións creado no 2009  pola Organización Médica Colexial, OMC,  logo do asesinato dunha doutora por un paciente mentras traballaba nun centro de saúde.

No caso dos docentes, a Fiscalía Xeral do Estado considera dende 2008 que teñen a condición de autoridades a efectos penais¸ polo que varias comunidades autónomas teñen impulsado normativas co fin de protexelos ante as agresións no posto de traballo.

O cambio no Código Penal aclara cando se produce un atentado contra sanitarios e docentes, recoñecendo unha realidade que xa se viña producindo a través da xurisprudencia e coa aprobación de normativas autonómicas e pronunciamentos xudiciais.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS