Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A Unión Europea adopta accións de control despois de denunciarse que as empresas químicas ignoran a lei

26-12-2019 - Comisión Europea/ ECHA

Os representantes dos gobernos dos Estados membros da UE no comité REACH da Comisión Europea acordaron aumentar o obxectivo de verificación de cumprimento mínimo para os expedientes de rexistro de produtos químicos do 5% ao 20%, o primeiro paso lexislativo concreto despois dos informes de incumprimento xeneralizado das normas da UE por parte de usuarios industriais de grandes volumes de produtos químicos.

A Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA) viuse presionada o ano pasado despois de que os reguladores alemáns descubrisen que a maioría dos expedientes presentados polas empresas químicas non cumpren co regulamento REACH que cobre a maioría das substancias utilizadas na UE, debido á ausencia de datos de seguridade ou fallas na súa actualización regular.

Por mor das revelacións, o  xefe da axencia con sede en Helsinqui foi chamado perante o Comité de Medio Ambiente do Parlamento Europeo, mentres que as empresas químicas víronse obrigadas a poñerse á defensiva despois de que os activistas estimaron que máis de 650 de estas non cumpriran cos estándares da UE sobre a subministración de datos de seguridade.

A decisión de aumentar a taxa de verificación de cumprimento é o primeiro paso nun plan de acción acordado entre ECHA e a Comisión Europea. Outras medidas inclúen unha simplificación dos procedementos de toma de decisións e unha avaliación, a finais de 2020, da efectividade das medidas de execución.

O novo obxectivo mínimo significa que a ECHA debe aspirar a verificar o 20 por cento dos expedientes relacionados con produtos químicos de alto volume, aqueles que se importan ou usan anualmente máis de 100 toneladas na UE, para 2023. Para os produtos químicos utilizados en volumes de 1 a 100 toneladas, a data límite é 2027.

A Comisión sinalou a "máxima importancia" da aplicación efectiva das normas da UE. "Esta é responsabilidade dos Estados membros e coordínase a nivel da UE a través do Foro para a Aplicación", dixo o executivo da UE.

Fonte:  TUC (Trades  Union  Congress)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS