Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A UE aposta por tacógrafos intelixentes.

06-06-2013 - SEGURIDADE

O Parlamento Europeo prevé aprobar un regulamento para instalar dentro de tres anos tacógrafos intelixentes ou dixitais nos camións e autobuses matriculados en territorio comunitario para o transporte internacional, co fin de mellorar a seguridade vial.

A Comisión Europea detectou que preto de 45.000 vehículos pesados infrinxen as normas da UE no uso de tacógrafos. As infraccións inclúen non cumprir os períodos de descanso do condutor ou os tempos máximos de condución, o que aumenta os riscos de seguridade vial.

Espérase que os tacógrafos dixitais, que ten previsto aprobar a UE e que monitorizan con garantías os descansos dos condutores e a velocidade dos vehículos pesados nas estradas europeas, melloren a seguridade vial e laboral.

Poderanse ler os dispositivos de gravación a bordo de camións e autobuses dende a distancia, o que fará máis doado facer cumprir os tempos de condución e descanso. Estes dispositivos gravarán automaticamente a velocidade e a distancia, de inicio e situación final, polo que será posible monitorizar o estado de condución (ou de repouso) do condutor.

Tamén permitirán facilitar a súa descarga e ata a comprobación remota, a través da transmisión inarámica de datos ás autoridades de control de tráfico. Isto reducirá significativamente o número e a duración dos controis en estrada, xa que as autoridades serán capaces de concentrarse nos vehículos con datos sospeitosos que logo poden ser revisadas a fondo.

Os tacógrafos intelixentes serían montados nos vehículos novos dentro de tres anos unha vez que a Comisión Europea estableza as especificacións técnicas, para rematar coa fraude e a manipulación e asegurar que as normas se aplican con xustiza e igualdade para todos os camións de máis de 3,5 toneladas en estradas da UE.

Dentro de 15 anos, terían que ser instalados ou modernizados en todos os camións e autobuses matriculados na UE para o transporte internacional.

Os camións de menos de 7,5 toneladas estarán exentos se levan materiais, equipos ou maquinaria para uso do condutor no exercicio do seu traballo e se utilizan dentro dun raio de 100 quilómetros arredor do centro da empresa. Isto será así, sempre que a condución do vehículo non sexa a actividade principal do condutor.

A Comisión de Transportes e Turismo debaterá o contido deste regulamento os días 29 e 30 de maio de 2013. O texto aínda deberá ser aprobado polo Parlamento e o Consello Europeo.

 

Fonte de Datos: Aneac

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS