Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

A Seguridade Social recoñece a incapacidade absoluta por enfermidade profesional a un traballador afectado polo amianto existente na central nuclear de Garoña

08-08-2014 - AMIANTO

A Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social de Álava emitiu unha resolución na que recoñece a incapacidade permanente absoluta ao traballador xa xubilado D.C.S., de 65 anos de idade, debido ao seu traballo manipulando amianto na empresa Montaxes Nervión SL.

Como consecuencia, o traballador vai incrementar a pensión que lle queda, ao ser maior a base reguladora da incapacidade permanente absoluta que a da xubilación.

D.C.S. estivo en Montaxes Nervión SL máis de dous anos, concretamente entre xaneiro de 1970 e setembro de 1972. Todo ese tempo estivo a traballar na central nuclear de Santa María de Garoña, da cal Montaxes Nervión SL era empresa subcontratada. D.C.S. desempeñou diversos labores nos que estivo exposto a fibras de amianto, entre elas a manipulación manual de amianto sen protección respiratoria ningunha, amianto que era utilizado para protexer das faíscas de soldadura os tubos de aceiro inoxidable que daban ao reactor.

Na actualidade o traballador padece un mesotelioma pleural maligno ocasionado por ese traballo con exposición a fibras de amianto, doenza que foi diagnosticada en setembro de 2013 por Osakidetza.

Exposicións curtas ao amianto, como esta, de dous anos, son capaces de provocar graves doenzas pulmonares e respiratorias.

 

Prevencionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS