Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A Seguridade Social recoñece a orixe profesional da morte de dous extraballadores de CAF Irún e XEY por amianto

13-07-2012 - Amianto

O Instituto da Seguridade Social de Gipuzkoa puxo en marcha o proceso para a mellora económica das pensións de dúas viúvas gipuzkoanas, tras recoñecer que o mesotelioma e adenocarcinoma pulmonar que causaron a morte dos seus maridos, traballadores en CAF Irun e XEY, foi de orixe profesional despois de permanecer en contacto no traballo con amianto sen as adecuadas medidas preventivas.

Nos dous casos trátase das primeiras enfermidades cancerigenas que se recoñecen entre os extrabajadores de CAF Irún e XEY corporación empresarial de Zumaia. Os traballadores faleceron en outubro e novembro respectivamente e as súas mortes, tras a denuncia do sindicato, foron investigadas por Técnicos de Osalan "con evidencias sobre o uso e exposición laboral á fibra cancerigena décadas atrás".

A central sindical alertou da posibilidade de que existan outros traballadores destas empresas que "estean a pasar polo mesmo e que probablemente na actualidade sexan pensionistas". Por iso, desde CCOO de Euskadi instaron aos Delegados de prevención a iniciar xestións para a súa inclusión no Plan de Vixilancia sanitaria post ocupacional e posibilitar a detección precoz das enfermidades.

Así mesmo, destacou que Euskadi continua "á cabeza" co 22 por cento dos 31 cancros profesionais rexistrados no CEPROSS logrando, nos 6 primeiros meses, alcanzar as cifras rexistradas no ano 2011. "Lentamente estase logrando superar a carreira de obstáculos que Mutuas, empresas e outros están a tratar de pór para ocultar e silenciar a pesar dos seus custos humanos, económicos e preventivos", sinalou.

Fonte: europapress

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS