Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A CIG solicita a paralización temporal das obras do AVE en Ourense por mor dos últimos accidentes

10-04-2013 - Accidente laboral

Despois de tres accidentes en dous días e un deles con unha vítima mortal, dende a CIG nos preguntamos que máis ten que pasar para que a Inspección de Traballo paralice as obras de construción da Línea de Alta Velocidade. O martes comezaba o día cun sinistro mortal, o enxeñeiro Carlos Zabala morría ó ser atropelado na boca do túnel nas obras de Vilar de Barrio; horas despois, un xoven camioneiro sufría un espectacular accidente cando se dirixía a cargar material na execución das obras do AVE en Cerdedelo. O mércores ás 20 horas, o traballador José Eugenio F.M, sufre accidente despois dun desprendemento de pedras nas obras do túnel del AVE de Campobecerros.

Dende esta organización sindical denunciamos as condicións laborais insalubres nas que traballan estos operarios dentro das obras de construción dos tuneis, os ambientes poeirentos en espacios confinados o manexo de explosivos que poñen en perigo a integridade dós traballadores,  a exposición e manipulación de sustancias químicas perigosas; e todo isto durante xornadas laborais nas que os descansos e a turnicidade non cumpren coas xornadas diarias e menos as xornadas semanais.

 

A todo isto, hai que facer unha importante mención a falta de coordinación en materia de prevención de riscos laborais entre as numerosas empresas contratistas ás que se lles piden que teñan formación, recoñecementos médicos e demais formalidades en materia de prevención de riscos laborais que nada teñen que ver coa realidade do interior do túnel onde os riscos son de unha grande magnitude onde a prevención de riscos queda meramente no papel.

 

A CIG pide a Inspección de Traballo a paralización temporal das obras ata que se poda garantir as normas básicas de seguridade e integridade das persoas.

 

Zeltia Burgos Tortosa, Secretaria Comarcal de Saúde laboral da CIG - Ourense.

Anxo Pérez Carballo, Membro da Executiva Nacional da CIG

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS