Nova directiva sobre radiacións ionizantes05-02-2014 - HIXIENEA nova directiva 2013/59 que publicou o Diario Oficial o día 17 de xaneiro establece normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición ás radiacións ionizantes e derroga cinco directivas anteriores, polo que constitúe un novo marco no seu ámbito de aplicación. | ![]() |
|---|
As disposicións derogadas son as seguintes:
Cando a devandita directiva se traslade á lexislación española (antes do 6 de febreiro de 2018) deberá substituír ao R.D. 783/2001 é dicir ao Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes. A fonte desta normativa seguen sendo as recomendacións de ICRP (Comisión Internacional de protección radiolóxica) e en particular incorporarán as que aparecen na súa publicación 103.
Respecto as modificacións que pode supoñer á normativa vixente, non se cambian os límites de dose efectiva aplicables nin aos traballadores nin ao público en xeral, se ben para o límite de dose equivalente en cristalino se fixa un valor máis baixo do que se está a aplicar.
Os cambios céntranse na exposición debida a fontes naturais de radiación (como os niveis elevados de concentración de radon ou outros isótopos), os traballadores externos ás empresas ou zonas con risco de exposición a radiacións ionizantes, nas exposicións debidas ás prácticas médicas, nas exposicións por emerxencia radiolóxica, así como nunha maior clarificación nas responsabilidades. Tamén se fai fincapé na "xustificación" e "optimización" das prácticas que signifiquen a utilización de radiacións ionizantes e o risco de exposición a estas.
Podes acceder ao texto completo da directiva dende a nosa web: Lexislación/Normativa específica/Hixiene/Riscos físicos/Normativa relativa ás radiacións ionizantes
Fonte: Prevencionintegral.com