Financiado por:
/ Portada / Lexislación / Seguridade no Traballo

Normativa relativa a atmosferas explosivas

23-01-2018 - SEGURIDADE NO TRABALLO

Real Decreto 144/2016, do 8 de abril, polo que se establecen os requisitos esenciais de saúde e seguridade esixibles aos aparellos e sistemas de protección para o seu uso en atmosferas potencialmente explosivas e polo que se modifica o Real Decreto 455/2012, do 5 de marzo, polo que se establecen as medidas destinadas a reducir a cantidade de vapores de gasolina emitidos á atmosfera durante a reposición dos vehículos de motor nas estacións de servizo.

Directiva 2014/34/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de febreiro de 2014, sobre a harmonización das lexislacións dos Estados membros en materia de aparellos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas (refundición).

Real Decreto 681/2003, do 12 de xuño, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores e traballadoras expostas aos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo.

Rectificación á Directiva 1999/92/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 1999, relativa ás disposicións mínimas para a mellora da protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmosferas explosivas (Décimo quinta Directiva específica con arranxo ao apartado 1 do artigo 16 da Directiva 89/391/CEE do Consello).

Directiva 1999/92/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 1999, relativa ás disposicións mínimas para a mellora da protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmosferas explosivas (Décimo quinta Directiva específica con arranxo ao apartado 1 do artigo 16 da Directiva 89/391/CEE do Consello)

Directiva 94/9/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de marzo de 1994, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre os aparellos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas. Derogada.

Real Decreto 400/1996, do 1 de marzo, polo que se dita as disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Consello 94/9/CE, relativo aos aparellos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas. Derogado.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS