Financiado por:
/ Portada / Lexislación

Real Decreto 843/2011, de 17 de xuño. Establecemento dos criterios básicos sobre a organización de recursos para desenvolver a actividade sanitaria dos servizos de prevención.

01-10-2011 - Lexislación Específica Servizos de Prevención

O presente real decreto ten por obxecto establecer os requisitos técnicos e as condicións mínimas esixidas aos Servizos sanitarios dos servizos de prevención de riscos laborais para a súa autorización e para o mantemento dos estándares de calidade no seu funcionamento. Será de aplicación á actividade sanitaria tanto dos servizos de prevención de riscos laborais alleos como das empresas que asumisen dita actividade sanitaria con recursos propios e/ou mancomunados.

No Real Decreto se regulan entre outras cousas, as actividades sanitarias dos servizos de prevención, os recursos humanos mínimos cos que terá que contar o servizo sanitario do servizo de prevención así como os recursos materiais.

Tamén se regulan os acordos de colaboración que poden existir entre servizos de prevención alleos para a prestación de actividades sanitarias e a subcontratación de actividades sanitarias específicas por parte dos servizos de prevención propios.

Ligazón ao texto consolidado do Real Decreto 843/2011.

Ligazón ao Real Decreto 843/2011 en galego.

Documentos

Real Decreto 843-2011.PDF
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS