Financiado por:
/ Portada / Lexislación

Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios.

13-06-2017 - BOE

O obxecto deste Regulamento, que entra en vigor o 12 de decembro de 2017, é a determinación das condicións e requisitos esixibles ao deseño, instalación/aplicación, mantemento e inspección dos equipos e sistemas que conforman as instalacións de protección activa contra incendios.O disposto neste Regulamento será de aplicación aos equipos, sistemas e compoñentes que conforman as instalacións de protección activa contra incendios e quedan suxeitos ao mesmo tanto as empresas instaladoras como as empresas mantedoras de instalacións de protección contra incendios, os fabricantes, importadores, distribuidores ou organismos que interveñan na certificación ou avaliación técnica dos produtos, e todos aqueles que puidesen verse afectados por esta regulación.

O RICIP regula os seguintes aspectos: Produtos de protección contra incendios, empresas instaladoras e empresas mantedoras de instalacións de protección contra incendios, instalación, posta en servizo e mantemento de instalacións de protección contra incendios, inspeccións periódicas de Instalacións de protección contra incendios, réxime disciplinario.

Para equipos ou sistemas que se atopan instalados ou que solicitasen a licenza de obras correspondente antes da entrada en vigor do novo Regulamento, este seralles de aplicación o relativo a mantemento e inspección. Así no caso de operacións de mantemento que non se atopen previstas no actual Regulamento aprobado por Real Decreto 1942/1993, do 5 de novembro, deberán comezar a realizarse nun prazo máximo dun ano, a partir da entrada en vigor do presente regulamento. No referente ás inspeccións, as instalacións de protección contra incendios existentes á entrada en vigor do presente regulamento deberán someterse á primeira inspección aos dez anos da súa posta en servizo. No caso de que as instalacións de protección contra incendios existentes conten con con dez ou máis anos de antigüidade desde a súa posta en servizo, deberán someterse á primeira inspección nun prazo dun ano.

Ligazón ao Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS