Financiado por:
/ Portada / Lexislación

Real Decreto 130/2017, de 24 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de explosivos

14-03-2017 - Lexislación

Aquí se regulan aspectos relativos á seguridade cidadá e industrial, como o almacenamento, distribución, comercio, transporte, medidas de seguridade, adquisición, tenencia e uso dos explosivos con fins civís. En canto a aspectos laborais, establece medidas no ámbito da prevención de riscos laborais na fabricación, manipulación, envasado e transporte dos explosivos.

 

Entre as novidades atópase o estabelecento dunha repartición clara das obrigas de fabricantes, importadores e distribuidores na cadea de subministración e distribución, a actualízación dos requisitos esenciais de seguridade que deben cumprir os produtos para obter a marcado CE, necesario para a súa posta no mercado comunitario, e obrígase a cumprir os requisitos de trazabilidade dos explosivos.
Regúlanse por primeira vez as fábricas móbiles de explosivos, que estarán constituídas por Unidades Móbiles de Fabricación de explosivos (MEMUs) e por un depósito de produtos terminados, integrado ou non nunha fábrica fixa.
Outra novidade é que as fábricas de armas de guerra que incorporan explosivos quedan incluídas no ámbito de aplicación deste Regulamento.
Ligazón ao texto publicado no BOE ao RD 130/2017 de 24 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Exposivos

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS