Financiado por:
/ Portada / Lexislación

O formaldehido, declarado oficialmente canceríxeno pola Comisión Europea

30-07-2014 - Hixiene

Na 6ª ATP (Adaptación ao Progreso Técnico), Regulamento (UE) nº 605/2014 do Regulamento CLP, modificouse a clasificación do formaldehido pasando de estar clasificado como canceríxeno de categoría 2 coa indicación de perigo H351 (Sospéitase que provoca cancro), a canceríxeno de categoría 1B coa indicación de perigo H350 (Pode provocar cancro). Tamén foi clasificado como mutáxeno de categoría 2 coa indicación de perigo H341 (Sospéitase que provoca defectos xenéticos). Dita clasificación será aplicable a partir do 1 de abril de 2015, sen prexuízo de que poida aplicarse antes.

A clasificación na categoría 1 significa que se trata dunha sustancia carcinóxena ou suposta carcinóxena para o home. Unha sustancia clasifícase na categoría 1 de carcinoxenicidade sobre a base de datos epidemiolóxicos ou datos procedentes de estudos con animais. A categoría 1B asígnase a sustancias das que se sabe que son carcinóxenas para o home, "en base á existencia de probas en animais".


Iso significa que o formaldehido pasa a ser oficialmente considerado como canceríxeno e, polo tanto, na súa utilización deberán respectarse a partir de agora as disposicións da directiva canceríxenos, cuxa transposición ao dereito español realizouse mediante o Real Decreto 665/1997, de 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo.


Tendo en conta de que o formaldehido é unha sustancia amplamente utilizada en múltiples aplicacións (o consumo mundial sitúase ao redor de 25 millóns de toneladas ao ano), as repercusións desta decisión poderían ter unha transcendencia notable.

O texto completo do Regulamento pode descargarse desde a ligazón http://www.boe.es/doue/2014/167/L00036-00049.pdf.

 

Fonte: Diario Oficial de la UE, INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS