Financiado por:
/ Portada / Lexislación

O Goberno aprobou o proxecto de Lei de Reforma da Inspección de Traballo e Seguridade Social

25-10-2011 - LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL

Modifica a Lei 42/1997, de 14 de noviembre, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Reforza á Inspección de Traballo, crea unha nova Escala de Subinspectores especializados en seguridade e saúde, e adapta a súa organización aos traspasos ás Comunidades Autónomas

O Proxecto pretende acadar os seguintes obxectivos:

1.- Reforzar a Inspección de Traballo converténdoa nun instrumento máis especializado e con maior capacidade na loita contra a fraude, con mellores medios tecnolóxicos  e novos funcionarios especializados en materias de seguridade e saúde.   

2.- Dotala dunha organización máis axeitada ao actual escenario competencial e que permita unha mellor cooperación entre as administracións xeral e autonómicas.

 

Así pois, este  Proxecto de Lei:

 

 

 

  1. Reforzo da cooperación multilateral a través dunha Conferencia Sectorial de Inspección de Traballo e Seguridade Social e da cooperación bilateral entre a Administración Xeral do Estado e a Administración autonómica en cada territorio.
  2. Creación dun órgano específico de participación das Comunidades Autónomas na dirección do Sistema, denominado Autoridade Xeral, que permitirá integrar ás Comunidades Autónomas no proceso de toma de decisións respecto das cuestións esenciais do Sistema no seu conxunto.
  3.  Incremento da participación das organizacións empresariais e sindicais no Sistema de Inspección a través da Comisión Consultiva Tripartita.


Ademais, define o réxime xurídico do persoal inspector cun réxime común (carácter nacional dos corpos de inspección, ingreso e selección únicos, e mobilidade entre Administracións) e garante, de modo esencial, o principio de unidade de función e actuación, que permite aos Inspectores e Subinspectores adoptar medidas en todas as materias socio-laborais, xa sexan de competencia estatal ou autonómica, con independencia da adscrición do funcionario a unha ou outra Administración.

Documentos

Proxecto de Lei polo que se modifica a Lei 42 1997 ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.pdf
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS