Financiado por:
/ Portada / Lexislación

Nova Directiva europea para protexer os traballadores da UE dos campos electromagnéticos nocivos

02-09-2013 - HIXIENE

A Directiva aclara as definicións dos efectos adversos para a saúde, introduce un sistema actualizado dos límites de exposición (frecuencias que se sabe que afectan prexudicialmente ao sistema cardiovascular ou ao sistema nervioso central), e establece algunhas disposicións que facilitan aos empresarios a avaliación dos riscos esixida pola lei.

A Directiva publicouse no Diario Oficial o 29 de xuño de 2013 e ten que incorporarse á lexislación nacional antes do 1 de xullo de 2016.

Como os empresarios están obrigados a avaliar os riscos, a proposta establece disposicións detalladas para garantir o emprego dun enfoque proporcionado de medidas preventivas axeitadas que reduzan a exposición dos traballadores aos campos electromagnéticos.

A proposta esixe aos empresarios que informen e faciliten formación axeitada aos traballadores expostos e aos seus representantes, en particular no que respecta ao resultado da avaliación do risco, as medidas tomadas polo empresario, as prácticas de traballo seguro, a detección de efectos adversos para a saúde e as circunstancias nas que os traballadores teñen dereito a seguir controis sanitarios.

A proposta tamén prevé disposicións específicas para

A proposta afecta unicamente aos traballadores no exercicio das súas actividades profesionais.

Ler a Directiva

O resto (p. ex. consumidores, usuarios de teléfonos e pasaxeiros) están cubertos pola Recomendación 1999/519/CE do Consello relativa á exposición do público en xeral a campos electromagnéticos e a lexislación específica en cada Estado membro xa existente.

 

Fonte: osha.europa.eu

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS