Co financiamento de:
/ Portada / Lexislación

Modificación do Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo

12-05-2023 - BOE

Mediante Real Decreto-lei 4/2023, do 11 de maio, modifícase o Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, establecendo a obrigación concreta de prever medidas adecuadas fronte a riscos relacionados con fenómenos meteorolóxicos adversos, incluída a prohibición de desenvolver determinadas tarefas durante as horas do día nas que estes concorran, resultando obrigatoria a adaptación das condicións de traballo, incluída a redución ou modificación das horas de desenvolvemento da xornada prevista cando a Axencia Estatal de Meteoroloxía ou, no seu caso, o órgano autonómico correspondente no caso das comunidades autónomas que conten co devandito servizo, emita aviso de fenómenos de nivel laranxa ou vermello e as medidas preventivas anteriores non garantan a protección das persoas traballadoras

A disposición enmárcase no desenvolvemento da recente Estratexia Española de Seguridade e Saúde 2023-2027 e os Obxectivos de Desenvolvemento sostible da Axenda 2030, relacionados cos efectos do cambio climático. Esta protección esixe a adopción de medidas preventivas e correctoras ante situacións de risco para a saúde das persoas traballadoras ante situacións urxentes e extremas cada vez son máis habituais.

Con salvagarda do seu rango, o Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, queda modificado como segue:

Un. Queda suprimido o apartado 5 do anexo III.

Dous. Introdúcese unha nova disposición adicional, coa seguinte redacción:

«Disposición adicional única. Condicións ambientais no traballo ao aire libre.

1. Cando se desenvolvan traballos ao aire libre e nos lugares de traballo que, pola actividade desenvolvida, non poidan quedar pechados, deberán tomarse medidas adecuadas para a protección das persoas traballadoras fronte a calquera risco relacionado con fenómenos meteorolóxicos adversos, incluíndo temperaturas extremas.

2. As medidas ás que se refire o apartado anterior derivarán da avaliación de riscos laborais, que tomará en consideración, ademais dos fenómenos mencionados, as características da tarefa que se desenvolva e as características persoais ou o estado biolóxico coñecido da persoa traballadora. En aplicación do previsto nesta disposición e no artigo 23 do Real Decreto 1561/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo, as medidas preventivas incluirán a prohibición de desenvolver determinadas tarefas durante as horas do día nas que concorran fenómenos meteorolóxicos adversos, naqueles casos en que non poida garantirse doutro xeito a debida protección da persoa traballadora.

3. No suposto no que se emita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía ou, no seu caso, o órgano autonómico correspondente no caso das comunidades autónomas que conten co devandito servizo, un aviso de fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel laranxa ou vermello, e as medidas preventivas anteriores non garantan a protección das persoas traballadoras, resultará obrigatoria a adaptación das condicións de traballo, incluída a redución ou modificación das horas de desenvolvemento da xornada prevista.

4. Esta disposición adicional será de aplicación a todos os lugares de traballo, incluídos os do artigo 1.2».

ligazón ao Real Decreto-lei 4/2023, do 11 de maio, polo que se adoptan medidas urxentes en materia agraria e de augas en resposta á seca e ao agravamento das condicións do sector primario derivado do conflito bélico en Ucraína e das condicións climatolóxicas, así como de promoción do uso do transporte público colectivo terrestre por parte dos mozos e prevención de riscos laborais en episodios de elevadas temperaturas.

Ligazón ao Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

Ligazón ao Real Decreto 1561/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS