Financiado por:
/ Portada / Lexislación

Entra en vigor o RD 1698/2011 de 18 de novembro, que regula a reducción na idade de xubilación para traballos penosos, tóxicos e perigosos

24-11-2011 - LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL

O Real Decreto regula o réxime xurídico e o procedemento para establecer coeficientes reductores da idade de xubilación no sistema da Seguridade Social, no caso de traballos que por ser excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, rexistren índices elevados de morbilidade ou mortalidade.

Este desenvolvemento regulamentario considera a xubilación anticipada como situación excepcional, sempre que non sexa posible cambiar as condicións de penosidad, toxicidade ou perigo, ou o propio posto de traballo. Os traballadores autónomos poderán acceder á xubilación anticipada nos mesmos supostos e colectivos que se fixen para os traballadores asalariados.

O procedemento que aproba este novo texto legal esixe estudos previos de sinistralidade, penosidad, perigo e toxicidade das condicións do traballo, de que forma inciden nas baixas laborais que xeran nos traballadores e os requirimentos físicos esixidos para desenvolver a actividade laboral de que se trate. Ademais, a norma recolle incentivos para as empresas que adopten medidas que sen ser obrigatorias, contribúan a eliminar ou a reducir estas características.

O procedemento xeral que se implanta pretende que os traballadores se beneficien, en primeiro lugar, dunha mellora das súas condicións de traballo e, en último termo, se iso non é posible, dunha rebaixa da súa idade de xubilación, co beneficio engadido da consideración como cotizado do tempo que corresponda de redución da idade.

A regulación dos coeficientes reductores responde á esixencia recollida tanto na Lei 40/2007 de medidas en materia de Seguridade Social como na Lei 27/2011 sobre actualización adecuación e modernización da Seguridade Social.

Documentos

Real Decreto 1698-2011.PDF
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS