Co financiamento de:
/ Portada / Lexislación

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 4 de xaneiro de 2023

04-01-2023 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 4 de xaneiro de 2023 -por modificacións incorporadas no Real Decreto 231/2017, do 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral- coa Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023

Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023:

Disposición adicional nonaxésima sétima. Suspensión do sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais por diminución da sinistralidade laboral.

Suspéndese a aplicación do sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral, prevista no Real Decreto 231/2017, do 10 de marzo, para as cotizacións que se xeren durante o ano 2023. Esta suspensión estenderase ata que o Goberno proceda á reforma do citado real decreto.

Ligazón ao Código de Prevención de Riscos Laborais actualizado

Ligazón ao Real Decreto 231/2017, do 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral.

Ligazón á Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS