Financiado por:
/ Portada / Lexislación

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 17 de decembro de 2020

17-12-2020 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 17 de decembro de 2020, por modificacións incorporadas na Lei 23/2015, de 21 de xullo, Ordeadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social.

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 17 de decembro de 2020, por modificacións incorporadas na Lei 23/2015, de 21 de xullo, Ordeadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social: Artigo 19. Ámbito de actuación da  Inspección de Traballo e Seguridade Social. 

POR Lei 8/2020, de 16 de decembro, pola que se adoptan determinadas medidas urxentes en materia de agricultura e alimentación:

Artigo quinto. Modificación da Lei 23/2015, do 21 de xullo, Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A letra a) do apartado 1 do artigo 19 da Lei 23/2015 do 21 de xullo, Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, quedará redactada da seguinte maneira:

«a) As empresas, os centros de traballo e, en xeral, os lugares de traballo en que se execute a prestación laboral, aínda cando estean directamente rexidos ou xestionados polas Administracións Públicas ou por entidades de Dereito público con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes de calquera delas, con suxeición, neste último caso, ao previsto na normativa que regula dita actuación nas Administracións Públicas. A actuación da Inspección de Traballo poderase exercer tamén en locais, vivendas, ou outros lugares habilitados, aínda cando non se atopen nas empresas, centros e lugares de traballo en que se execute a prestación laboral, nos que residan, alóxense ou poidan permanecer os traballadores por razón do seu traballo durante os períodos de descanso, e fosen postos ao dispor dos mesmos polo empresario, en cumprimento dunha obrigación prevista nunha norma legal, convenio colectivo ou contrato de traballo.»

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS