Financiado por:
/ Portada / Lexislación

A UE prohibe o ácido perfluorooctanoico (PFOA), así como as súas sais e sustancias afíns

04-07-2017 - Comisión Europea

O PFOA é un químico que actúa no corpo como disruptor endocrino imitando o efecto das hormonas; asociase a diferentes tipos de cancro, problemas de tiroides e esterilidade tanto en animais como en seres humanos. Traballadores/as de fábricas, ou persoas que consumían auga con altas concentracións de PFOA, que estiveron expostos a altas concentracións desta sustancia química, desenvolveron cancro de testículo, ovario, ril, próstata e linfoma de Hodking. Mesmo a doses moi baixas ou mesturado con outras sustancias dentro do corpo potencian os seus efectos negativos especialmente durante o embarazo, a nenez e a adolescencia.

A Unión Europea clasificou o ácido perfluorooctanoico (PFOA) como un dos tóxicos  dos PFCs, perfluorocarbonos, máis perigosos e bioacumulativos. O PFOA pode atoparse no teflón de sarténs, o fío dental dalgunhas marcas, ou en certas prendas de roupa coa etiqueta “DWR”, repelentes ao auga de longa duración.

O Regulamento, de obrigado cumprimento en todos os Estados membros da UE (non sendo precisa ningunha norma de trasposición), estabelece as distintas moratorias.

Ligazón ao REGLAMENTO (UE) 2017/1000 DA COMISIÓN de 13 de xuño de 2017 que modifica, polo que respecta ao ácido perfluorooctanoico (PFOA), as súas sais e as sustancias afíns ao PFOA, o anexo XVII do Reglamento (CE) n.o 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restricción das sustancias e mesturas químicas (REACH)

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS