Financiado por:
/ Portada / IDi

"Chairless": a cadeira para unha mellora ergonómica na cadea de montaxe de automóbiles.

09-03-2015 - ergonomía

Na planta de Neckarsulm, a compañía automobilística Audi está probando unha nova tecnoloxía que pretende facilitar moitas das actividades de ensamblado que deben realizar os/as traballadores/as. Este proxecto denominado "chairless chair" está sendo desenvolvido por Audi en colaboración cunha start-up suíza. O dispositivo está construído en fibra de carbono e permite que o/a traballador/a poida sentarse sen empregar unha cadeira, mellora a postura e reduce a tensión nas pernas.

O proxecto consiste nun exoesquelete que se coloca na parte posterior das pernas e se suxeita por medio de cinturóns á cadeira, xeonllos e nocellos. As nádegas o muslos se apoian en superficies recubertas de coiro, mentras que dúas estruturas de plástico reforzado con fibra de carbono se adaptan aos contornos das pernas; estas estruturas xúntanse detrás dos xeonllos; o exoesquelete axústase hidráulicamente ao corpo do/a usuario/a e á postura desexada. O mecanismo pesa 2.4 kilogramos e, segundo o doutor responsable do deseño, reduce a tensión en xeonllos e nocellos do/a usuario/a.
Mentras realiza as tarefas o/a traballador/a leva o "chairless" como un segundo par de pernas co fin de proporcionar soporte cando sexa preciso. En moitas operacións de ensamblado permite adoptar unha posición ergonómicamente favorable en lugar de permanecer sempre de pé, incluso en intervalos de tempo curtos, ao tempo que reduce tensión nas pernas. Así, outro tipo de cadeiras ou tallos que se empregan na actualidade serán innecesarios. 
Polo momento o dispositivo está a empregarse de forma experimental a través de tres prototipos en dúas liñas de ensamblado nas que os/as traballadores/as realizan as tarefas de pé.  Coa "chairless" o/a usuario/a pode alternar a posición de pe e sentado/a mentras traballa. 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS