Financiado por:
/ Portada / IDi

Sensor portátil selectivo para benceno en aire

16-07-2015 - I+D+i

O benceno e un composto orgánico volátil; é o máis tóxico entre os compostos BTEX (benceno, tolueno, etilbenceno e xilenos) que se poden atopar no medio ambiente. O seu nivel no aire pode incrementarse debido a emisións de combustión de carbón e petróleo, tubos de escape ou fume de tabaco. Na actualidade existen métodos para a detección de benceno no aire; métodos que requiren varios pasos (bombeo da mostra, preconcentración e análise por métodos cromatográficos), e que resultan longos e de custe elevado. Investigadores do ICIQ e URV veñen de desenvolver un sensor baseado en nanotubos de carbono con nanopartículas de ouro funcionalizadas con cavitandos de quinoxalina.

Este dispositivo portátil de baixo custe, funciona de forma continua, detectando o benceno en concentracions inferiores aos límites legais permitidos, incluso en presenza doutros compostos aromáticos similares. 

Tanto a Comisión Europa coma Axencia de Protección Ambiental de EEUU teñen recoñecido ao benceno está recoñecido como canceríxeno para os humanos.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS