Financiado por:
/ Portada / IDi

Segunda revisión da normativa sobre os nanomateriais e documento de traballo sobre tipos de nanomateriais, a súa utilización e aspectos relativos á seguridade e á saúde

23-11-2012 - EU-OSHA

A Comisión Europea adoptou a Comunicación da segunda revisión da normativa sobre os nanomateriais. Esta Comunicación describe os plans da Comisión para mellorar a lexislación europea e a súa aplicación para asegurar o seu uso seguro.

Vai acompañado dun documento de traballo dos servizos da Comisión sobre tipos de nanomateriais e a súa utilización, incluídos os aspectos relativos á súa seguridade, que responde á preocupación do Parlamento Europeo de que o enfoque dos nanomateriais por parte da Comisión corre perigo pola falta de información sobre o uso e a seguridade dos nanomateriais que xa se encontran no mercado.

O documento de traballo proporciona información detallada sobre a definición de nanomateriais, así como sobre os mercados, os usos, as prestacións, os aspectos sanitarios e de seguridade, a avaliación do risco, a información e as bases de datos sobre estes

A presente Comunicación enmárcase dentro do seguimento da Comunicación da Comisión de 2008 sobre os aspectos regulamentarios dos nanomateriais.

Máis información sobre a política europea sobre nanomateriais.


Revisión de documentación de EU-OSHA sobre:

- Exposición aos nanomateriais no lugar de traballo

- Percepción e comunicacion dos riscos con respecto á exposición aos nanomateriais no lugar de traballo

- Exemplos de boas prácticas en relación cos nanomateriais

 

Fonte: EU-OSHA

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS