Financiado por:
/ Portada / IDi

Proxecto Intera, para a detección e redución do gas radon

16-03-2018 - SAÚDE

Este proxecto está promovido por investigadores do Laboratorio de Análise de Radiacións da USC, asociado ao Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, e a empresa de enxeñaría Inous. O obxectivo da spin-off Intera, Innovacións Tecnolóxicas do Radon, é ofrecer solucións de mitigación do gas radon nos edificios.

O Laboratorio de Análise de Radiacións (LAR) da Facultade de Física conta con máis de 15 anos de experiencia na investigación sobre gas radon e a súa presenza no aire, auga e materiais, e participou en máis de 3.000 proxectos de medición.

Intera ofrecerá segundo o caso, solucións para a mitigación do radon en interiores, pois “non existe unha solución perfecta para que funcione en todos os casos”.  Así, ofrecerá detectores de filtro de carbón para vivendas unifamiliares, cos que en 48 horas pódese determinar con “gran fiabilidade” se hai niveles de concentración superiores ao establecido pola normativa, detectores de trazas, para facer un seguImento máis amplo no tempo de ata tres meses e medidores de continuo, que rexistran a concentración de gas en tempo real, ao tempo que a presión atmosférica, a temperatura do edificio e a humidade relativa do ambiente para determinar os puntos de entrada do gas nos edificios e acometer as posibles solucións.

O proxecto pretende dar servizos que abranguen o asesoramento e execución de medidas preventivas en edificios de nova construción, medicións, deseño e desenvolvemento de solucións, formación e consultoría.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS