Financiado por:
/ Portada / IDi

Proxecto CARLOS: robot adaptable para traballos na construción naval

05-10-2015 - I+D+i

Este proxecto, financiado pola Unión Europea, propón o emprego de robots adaptables para traballos en entornos complexos. O sistema de construción por bloques que se emprega nos asteleiros modernos, obriga a realización de traballos manuais duros e repetitivos; introducir automatomatismos nestes entornos foi ata o momento un reto para os investigadores.

Nos ensaios realizados o prototipo de robot deseñado foi quen de desprazarse de xeito semiatónomo polos bloques de construción e de realizar operacións específicas, como soldar pernos ou marcar información nas paredes das cabinas, co fin de axudar aos traballadores/as na instalación de equipos.

Aínda que deseñado para mellorar a seguridade e a eficacia na construción naval, o prototipo podería empregarse noutros sectores da construción indsutrial onde se empreguen estruturas metálicas.

O equipo de investigación que traballou neste proxecto foi galardoado co primeiro premio da competición FreeBots celebrada no seo do Festival Nacional de Robótica de Portugal, destinado a amosar a última tecnoloxía en I+D.

máis información no sitio web do proxecto CARLOS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS