Financiado por:
/ Portada / IDi

O uso de residuos de pneumáticos para absorber ruídos e vibracións nos edificios

17-04-2012 - Universidade Politécnica de Valencia

Investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Materiais no campus de Alcoy da UPV desenvolveron no laboratorio un novo produto a partir de residuos de pneumáticos fóra de uso de automóbiles e camións, que permite absorber o ruído e as vibracións. Está especialmente dirixido ao sector da construción, como material para o illamento acústico e vibracional de paredes, chans e teitos.

Segundo explican os investigadores, o residuo de pneumático está composto por partículas de caucho, fibras metálicas e fibras téxtiles. Algúns destes compoñentes, en concreto as partículas de caucho, utilízanse xa  en campos de fútbol de céspede artificial, parques infantís e mesmo en mesturas de asfalto para reducir a sonoridad do tráfico.

 

“A nosa idea foi ofrecer un produto de máis valor engadido, incorporando a fibra téxtil do residuo do pneumático, un compoñente que apenas se aproveita e do que xa coñeciamos o seu potencial como absorbente acústico grazas a un estudo que realizamos nos nosos laboratorios. Os beneficios deste produto son tanto económicos como ambientais, xa que evitamos tamén que os refugallos de pneumáticos acaben nos vertedoiros”, destaca Antonio Nadal, un dos autores.

 

O proceso para o desenvolvemento do novo produto comeza tras a recollida do pneumático, cando as empresas colaboradoras o trituran e extraen partículas de caucho de distinto tamaño e forma, así como as diferentes fibras. A metálica sepárase mediante electroimáns e a téxtil por corrente de aire. “Unha vez temos separados todos os compoñentes, o produto elabórase por capas: a primeira é de elastómero (as partículas), que é a que lle dá consistencia. Sobre esa capa disponse a fibra e vólvese a compactar. Así se obtén un produto no que elastómero é o que absorbe as vibracións e a parte fibrosa a que absorbe acústicamente”, explica outro investigador, Francisco Parres.

 

Segundo os seus promotores, este produto podería competir como absorbente acústico cos produtos do mercado, por exemplo, a fibra de vidro e o poliexpan. “Ten mellores propiedades que o poliexpan e as mesmas que a fibra”, apunta José Enrique Crespo, membro tamén do equipo.

 

Os investigadores traballan agora na obtención de diferentes configuracións multicapa -coas diferentes granulometrías e espesores-, o escalado do produto para obter pezas comerciais de maior tamaño e na optimización das propiedades do produto.

 

No desenvolvemento deste traballo, cuxos resultados foron publicados na revista Applied Acoustics, participaron tamén o Instituto Tecnolóxico de Rocas Ornamentais e Materiais de Construción (INTROMAC) de Estremadura e as empresas Cauchos Verdú de Alcoy, RMD de León, Insa Turbo de Aspe e Recipneu de Portugal.

 

Fonte: prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS